teleósteo -a

teleósteo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos teleósteos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da superorde dos teleósteos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Superorde de peixes actinopterixios que comprende peixes totalmente osificados, de cola homocerca, aínda que un exame da súa estrutura interna evidencia que esta simetría é secundaria e deriva dunha estrutura heterocerca primitiva, con escamas constituídas por pequenas láminas óseas, xeralmente delgadas e flexibles. Habitan en todos os medios acuáticos.

Palabras veciñas

teleoloxismo | teleonomía | Teleorman | teleósteo -a | telepatía | telepático -ca | Telepinuš