telepatía

telepatía

( 1 tele- +-patía)

s f [PSIC]

Fenómeno estudado pola parapsicoloxía que consiste na percepción extrasensorial daquilo que outra persoa sente ou pensa. Defínese como a transmisión do pensamento independente das vías sensoriais ordinarias e algunhas consideracións biopsicolóxicas fan pensar nunha regresión provisoria a condicións e niveis preindividuais da actividade psíquica, en que se establece unha comunicación de estados, sentimentos ou nocións.

Palabras veciñas

teleonomía | Teleorman | teleósteo -a | telepatía | telepático -ca | Telepinuš | teleplastia