telepatía
telepatía
( 1 tele- +-patía)
s
f
[PSIC]
Fenómeno estudado pola parapsicoloxía que consiste na percepción extrasensorial daquilo que outra persoa sente ou pensa. Defínese como a transmisión do pensamento independente das vías sensoriais ordinarias e algunhas consideracións biopsicolóxicas fan pensar nunha regresión provisoria a condicións e niveis preindividuais da actividade psíquica, en que se establece unha comunicación de estados, sentimentos ou nocións.