tenente

tenente

(

    1. s

      Persoa que ocupa o lugar ou cargo doutra persoa e polo tanto obra no seu lugar e na súa representación.

    2. tenente de alcalde [POLÍT]

      Concelleiro que realiza certas funcións na alcaldía.

  1. [BÉL]
    1. s

      Denominación xenérica que se utiliza -combinándoa con outras- nos exércitos para designar diversas categorías ou graos militares.

    2. s

      Grao militar entre o de alférez e o de capitán, que ten por divisa dúas estrelas de seis puntas.

    3. primeiro tenente

      Antiga denominación que recibía o grao de tenente.

    4. segundo tenente

      Antigo nome que recibía o grao de alférez.

    5. tenente coronel

      Xefe ou oficial superior militar entre o comandante e o coronel, que ten como divisa dúas estrelas de oito puntas.

    6. tenente de navío

      Grao do corpo xeral da armada equivalente ao de capitán nos exércitos de terra e aire. A súa divisa son dous galóns dourados.

    7. tenente xeneral

      Grao do corpo de xenerais dos exércitos de terra e aire, inmediatamente inferior ao de capitán xeneral e superior ao de xeneral de división. A súa divisa é unha espada e un bastón de mando cruzados con tres estrelas de catro puntas.

  2. tenente do rei [BÉL/HIST]

    Oficial militar que tiña o mando dunha praza ou cidade en substitución do gobernador.

  3. s m

    Rocha ou calquera outro obstáculo onde é fácil enganchar os aparellos de pesca.

  4. [HERÁLD]

    Cada unha das figuras humanas que aguantan ou acompañan un escudo.

Palabras veciñas

Tenedos | Tenenbaum, Jean | tenencia | tenente | Tenerife | tenesmo | tenge*