Tenerife

Tenerife

Illa da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, a máis grande do arquipélago, que abrangue 30 municipios (679.899 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de Tenerife. Destacan o macizo volcánico do Teide, que culmina a 3.718 m, e a cordilleira Dorsal, que ocupa a parte central da illa e a divide en dúas partes. Posúe agricultura de regadío e pesca. O val de La Orotava destaca pola súa beleza paisaxística.