Tennessee

Tennessee

Río de EE UU, afluente do Ohio, formado pola confluencia dos ríos Holston e French Broad, situado ao N de Knoxville, con 1.900 km de lonxitude. A Tennessee Valley Authority levou a cabo o aproveitamento integral do río na produción hidroeléctrica, regadío, navegación e prevención de inundacións.