ter

ter

(< tenēre)

  1. Río de Catalunya que nace nos Pireneos orienta-is, baña as provincias de Barcelona e Girona e desemboca directamente no Mediterráneo despois de 167 km de percorrido. No seu leito destacan as centrais do encoro de Sau, a de Susqueda e a de Pasteral. É pouco aproveitado para a rega polo seu baixo caudal.

  2. v t

    Ser dono de algo.

    Ex: Ten moitos cartos.

    Sinónimos: posuír.
  3. v t

    Poder dispoñer dalgunha cousa ou dalgunha persoa.

    Ex: Ten unha hora para comer. Non ten quen o axude.

  4. v t

    Experimentar unha sensación ou un sentimento.

    Ex: Teño dor de moas. Tenlle moito aprecio.

  5. v t

    Dar existencia a algo ou alguén.

    Ex: Tivo unha revelación. Tivo catro cachorros.

  6. v t

    Manter un vínculo con alguén que queda implícito na denominación que recibe esa persoa.

    Ex: Ten moitos irmáns.

  7. v t

    Impedir que algo ou alguén se solte ou caia.

    Ex: Tenme as bolsas mentres collo os cartos.

    Sinónimos: aguantar, soster.
  8. v t

    Manter algo en determinada posición, estado ou lugar.

    Ex: Aínda teño as miñas cousas na súa casa. Ten aínda a ilusión da xuventude.

  9. v t

    Considerar algo ou a alguén dándolle certo valor.

    Ex: Témolo por bo rapaz.

  10. v t

    Conter ou estar formado por.

    Ex: A xerra ten viño. O edificio ten trinta andares.

  11. v t

    Contar con certa idade.

    Ex: Xa ten noventa anos.

  12. v t

    Sufrir unha en­fermidade ou doenza.

    Ex: Ten gripe.

  13. v t

    Acontecer algo a alguén.

    Ex: Non sei que ten hoxe.

  14. v t

    Desenvolver unha actividade ou ocupar un cargo.

    Ex: Ten un posto de importancia na entidade.

  15. v t

    Adoptar unha opinión ou unha idea.

    Ex: Tes unha concepción distinta á dos demais.

  16. v t

    Merecer ou ser digno de algo.

    Ex: Terás todo o que desexes.

  17. v pron

    Manterse dereito, sen caer ou sen ceder.

    Ex: Está tan enfermo que non se ten en pé.

  18. v pron

    Dominarse ou conter os impulsos alguén.

    Ex: Tente, que non é para tanto.

  19. v pron

    Aplicarse un mesmo certas calidades.

    Ex: Téñense por moi listos

Frases feitas

  • 2 Perífrase que indica o desexo de que se realice o que expresa o infinitivo. Ex: Tiña que facer mellor tempo.

  • É coma quen non o ten. 1 Indica que algo ou alguén é inutil ou non serve para nada.

  • 2 Indica que alguén é moi tranquilo e non dá traballo.

  • Ter (alguén) para si que. Dar por seguro. Ex: Teño para min que non queres vir.

  • Ter + participio. Perífrase que indica que unha acción se repite habitualmente. Ex: Teño feito moitas trasnadas.

  • Ter conta. Termar.

  • Ter de + infinitivo. Perífrase que indica que se debe facer o que expresa o infinitivo. Ex: Dígolle que ten de arranxalo.

  • Ter en moito (algo ou a alguén). Apreciar.

  • Ter que + infinitivo. 1 Perífrase que indica a obrigatoriedade de realizar o que expresa o infinitivo. Ex: Tes que facer o que che mando.

Palabras veciñas

tepuy | Teques, Los | tequila | ter | ter | Ter | tera-
Conxugar
VERBO ter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
teño
tes
ten
temos
tendes/tedes
teñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiña
tiñas
tiña
tiñamos
tiñades
tiñan
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiven
tiveches
tivo
tivemos
tivestes
tiveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tivera
tiveras
tivera
tiveramos
tiverades
tiveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
terei
terás
terá
teremos
teredes
terán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tería
terías
tería
teriamos
teriades
terían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
teña
teñas
teña
teñamos
teñades
teñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tivese
tiveses
tivese
tivesemos
tivesedes
tivesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tiver
tiveres
tiver
tivermos
tiverdes
tiveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ten
-
-
tende
ou
tede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ter
teres
ter
termos
terdes
teren
Xerundio tendo
Participio tido
tida
tidos
tidas