Terceiro Lomba, Jaime
Economista. Doutor en Enxeñaría Aeronáutica e licenciado en Ciencias Económicas. Catedrático de Econometría e Métodos Estatísticos na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidad Complutense de Madrid (1980), foi vicerreitor primeiro da Universidad Complutense de Madrid (1980-1982), director xeral do Banco Hipotecario de España (1982-1983) e presidente executivo de Caja Madrid e da súa Corporación Financiera (1988-1996). É membro do Consejo de Administración e da Comisión Ejecutiva de Unión Fenosa desde 1988 e presidente da súa Comisión de Auditoría y Cumplimento desde 1999; do Consejo de Administración e da Comisión Ejecutiva de Sogecable desde 2000 e presidente da súa Comisión de Auditoría y Cumplimento desde 2004; e desde 2005 membro do Advisory Board de Accenture. Escribiu Estimation of Dynamic Econometric Models with Errors in Variables (1990), Crecimiento del Sector Público y Gasto en Educación (1996), Matlab Toolbox for Econometric Modeling of Time Series: E4 (2001), Luces y sombras de la Nueva Economía (2001), Convergencia Real y Produtividad de la Economía Española (2004) e Gobierno de la Empresa (2004). É membro da Academia Scientiarum et Artium Europaea (1994) e académico de número da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (1996).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra