terminal

terminal

(< lat termināle)

  1. adx

    Relati­vo ou pertencente á terminación.

  2. adx
    1. Que constitúe ou está no final de algo.

    2. [PAT]

      Aplícase á enfermidade irreversible que se atopa na última fase ou ao enfermo que a padece.

    3. [BOT]

      Que se atopa no extremo dun talo, dunha rama ou de calquera outro órgano.

  3. s f

    Cada un dos extremos dunha liña de transporte público.

  4. s f

    Lugar dun porto, aeroporto ou estación onde os pasaxeiros desembarcan ou agardan para embarcar.

  5. s m

    Conxunto de instalacións situadas no extremo dun oleoduto.

  6. s m [FÍS]

    borne.

  7. s m [INFORM]

    Calquera elemento periférico de entrada e de saída que permite servirse a distancia dun ordenador.

Palabras veciñas

TERMIGAL | terminación | terminador -ra | terminal | terminante | terminar | terminativo -va