Territorio británico do Océano Índico
Territorio británico do Océano Índico
Colonia británica constituída en novembro de 1965. Ten unha superficie de 46 km2 e comprende o arquipélago de Chagos, onde destaca a illa Diego García, que ten unha base militar británica e estadounidense. Outras illas menores son Pero Banhos, Salomon e Three Brothers. Non existe unha poboación estable.