terzo -za

terzo -za

(< lat tertĭu)

  1. adx e s m

    Aplícase a cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo.

  2. [DER/HIST]
    1. s m

      Modo de arrendamento das terras polo que unha parte da colleita lle correspondía ao arrendatario e dúas partes ao dono das terras.

    2. s m

      Dereito que recibía o señor territorial do enfiteuta polo seu consentimento para que a propiedade pasase do dominio do censatario a un terceiro, coas mesmas características que o laudemio. Podía ser a terceira parte do valor do inmoble.

    3. terzo décimo

      Imposto real sobre o rendemento que correspondía á terceira parte do décimo.

  3. s m

    Viga paralela ao cumio.

  4. s m [BÉL/HIST]
    1. Unidade militar fundada en 1534 pola Casa dos Habsburgo para agrupar as compañías. Comandado por un mestre de campo, estaba integrado por voluntarios. Foron considerados as mellores tropas de Europa entre os ss XV e XVII. Desapareceron ao comezo do s XVIII coa reorganización borbónica da milicia.

    2. Denominación tradicional utilizada pola lexión, a infantaría de mariña e a Garda Civil para unidades de tipo de rexemento.

    3. Rexemento de infantaría española dos ss XVI e XVII, constituído baixo o reinado de Carlos I. Recibiu este nome por formar parte dunha unidade maior e estaba constituído por tres categorías de armas: arcabuz, pica e rodela.

    4. Unidade superior da organización paramilitar do requeté carlista, que apoiou o levantamento militar de 1936 que deu lugar á Guerra Civil Española.

Palabras veciñas

terzado -da | terzar | terzaría | terzo -za | tesa | Tesalia | tesalio -lia