Testamento de Afonso II

Testamento de Afonso II
[DER]

Documento notarial escrito en portugués considerado, xunto coa Noticia de Torto, como un dos primeiros textos romances non literarios escritos no Reino de Portugal que se conserva. Data de 1214 e foi escrito na chancelaría real. Consérvanse dúas copias (Braga e Toledo) con cadansúa norma gráfica, pero manteñen unha gran regularidade interna. Ambos os dous diplomas diferéncianse polas distintas scriptae que materializan.