Testamento de Estevo Pérez
Testamento de Estevo Pérez
[DER]
Documento notarial, datado en 1259, que probablemente teña a súa orixe en Ribadavia. É un dos primeiros textos non literarios escritos en romance galego dentro das fronteiras actuais de Galicia. É posible que se trate dun rascuño anterior a unha versión definitiva (en latín ou xa en romance) ou, quizais, un traslado parcial dun orixinal que talvez solicitou o mosteiro de Oseira. O documento evidencia a falta de fixación gráfica e a carencia dunha scripta consolidada.