Thanh Pô Hô Chí Minh
Cidade de Vietnam, que forma unha provincia propia (2.090 km2; 4.322.300 h [estim 1993]). Fundada durante a dominación khmer da Cochinchina, en 1696 foi ocupada pola dinastía Nguyen e converteuse na sede do seu goberno. En 1788 foi fortificada por Nguyen Anh coa axuda dos franceses e traduciu o seu nome khmer de Prei Kor polo vietnamita de Saigón. En 1859 Saigón foi fortificada e converteuse na principal base francesa de Cochinchina. Controlada polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial, foi declarada ao fin da Guerra de Indochina (1946-1954) capital da República de Vietnam. En 1975 ocupárona as forzas nacionalistas e comunistas que reunificaron o Vietnam. Do seu patrimonio cultural destacan o antigo palacio presidencial, o parque Tao Dan e o pagode Xa Loi.