Thököly, Imre

Thököly, Imre

Patriota. Distinguiuse na loita pola independencia contra Austria. En 1678 situouse á cabeza dun exército, constituído por refuxiados residentes en Transilvania, que conseguiu ocupar o N de Hungría. Axudado por Turquía na guerra co Emperador Leopoldo I, venceu aos austríacos en 1681. Vencido definitivamente en Zenta en 1697, refuxiouse en Turquía.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Késmárk, Hungría, actual Kežmarok, Eslovaquia

  • Deceso

    Lugar : Izmit, Turquía