Thompson, Jim
Thompson, Jim
Escritor estadounidense. Exerceu como xornalista en The True Detective Magazine. Figurou nas listas negras do maccarthismo e colaborou como guionista con Stanley Kubrick nos filmes The Killing (1956) e The Paths of Glory (1957). Como novelista está considerado o máis destacado do xénero negro con Dashiell Hammett e Raymond Chandler. A súa é unha novelística de realismo crítico, que manifesta unha profunda desesperanza na sociedade. Escribiu A Hell of a Woman (1954), The Kill-Off (1957), The Getaway (1958), The Grifters (1963), Pop, 1280 (1964), Texas by the Tail (1965) e South of Heaven (1967).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Anadarko, Oklahoma -
Deceso
Lugar : Huntington Beach, California