thortveitita

thortveitita
s f [MINERAL]

Silicato de escandio e itrio, de fórmula (Sc,Y)2(Si2O7), que cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos, ás veces de grandes dimensións. Pertence ao grupo dos sorosilicatos, ten unha dureza de 3,6 e é de cor entre verde escura e negra.