Tian Shan Tien Shan
Tian Shan Tien Shan
Cordilleira de Asia Central que se estende entre o S de Kirguizistán e o Xinjiang, en sentido L-O, cunha lonxitude de 3.000 km. De orixe primaria, está afectada polos dobramentos recentes. A partir de Chan Tengri divídese en cordilleiras que inclúen a depresión do lago Issykkul’ e as concas de Naryn e Fergana. No centro culmina no Pobedy (7.439 m) e no Chan Tengri (6.995 m).