Tiberíades, lago de
Tiberíades, lago de
Lago de Galilea, formado polo río Xordán, denominado tamén mar de Galilea ou lago de Xenesaret (144 km2). Situado a 250 m baixo o nivel do mar, na súa ribeira destacan as poboacións costeiras de Cafarnaum, Betsaida, Magdala e Tiberíades, que foron escenario de numerosos episodios da vida de Xesús.