tibial

tibial

(< tibia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á tibia.

  2. arteria tibial anterior [ANAT]

    Arteria que se orixina na poplítea e que se distribúe polo xeonllo, a perna e o nocello.

  3. arteria tibial posterior [ANAT]

    Rama do tronco tibioperonal que irriga a perna, o pé e o talón.

  4. músculo tibial anterior [ANAT]

    Músculo voluminoso, prismático e triangular que se estende desde a extremidade superior da tibia ata o pé. É flexor, adutor e rotatorio cara a dentro do pé.

  5. músculo tibial posterior [ANAT]

    Músculo que está situado na rexión posterior da perna e chega ata o tubérculo do escafoide do pé. É extensor, adutor e rotatorio do pé cara a dentro.

  6. nervio tibial anterior [ANAT]

    Rama interna da bifurcación do ciático poplíteo externo, que irriga os músculos da rexión interna da perna.

  7. nervio tibial posterior [ANAT]

    Continuación do ciático poplíteo interno que irriga os músculos poplíteos, flexor común e a pel da planta do pé.

Palabras veciñas

Tíbet | tibetano -na | tibia | tibial | Tibiás | Tibulo | tiburón