Ticino

Ticino

Río de Europa Central de 248 km de lonxitude que rega parte de Italia e Suíza. É un dos afluentes máis importantes do Po. Nace ao pé do San Gottardo e esta regulado polo lago Maggiore, á saída do que se converte nun río de chaira. Augas abaixo de Pavia desemboca no Po.