Tierra del Fuego
Tierra del Fuego
Arquipélago do extremo meridional de América, separado do continente polo estreito de Magallanes (73.000 km2). Comprende a illa grande de Tierra del Fuego e unha serie de illotes máis ao S (Navarino, Hoste, Santa Inés, Desolación, Los Estados). Dividido entre Arxentina e Chile, a banda oriental da illa grande pertence a Arxentina e constitúe unha provincia (21.263 km2; 100.313 h [1999]). A banda occidental pertence a Chile (49.208 km2; uns 6.000 h). Os centros máis importantes son Ushuaia (57.334 h [1999]), capital da provincia arxentina da Tierra del Fuego, e Porvenir no territorio chileno. A poboación vive da caza de focas e da pesca.