Tierra Gallega, La

Tierra Gallega, La
[PUBLIC]

Revista publicada en La Habana a partir de abril de 1894. Cesou o 9 de setembro de 1896. Fundada por Curros Enríquez, o apoio de máis de 6.000 subscritores fixo que a periodicidade fose semanal. Incluíu información sobre política, ciencia, crónica de sociedade e literatura, tanto da comunidade emigrante como do país. Completou os contidos con colaboracións literarias de destacados escritores. A publicación pechou cando Curros se negou a pagar dúas multas impostas por críticas ao goberno colonial.