Tilsit, Tratado de
Tilsit, Tratado de
Acordo asinado en xullo de 1807 na cidade homónima (actual Sovetsk, na oblast’ de Kaliningrad), entre Napoleón I Bonaparte e Alexandre I de Rusia, para poñer fin á coalición antinapoleónica. Europa foi dividida en dúas zonas de influencia: occidente baixo a influencia francesa e oriente baixo a rusa. A expensas de Prusia formouse o Reino de Westfalia e o Gran Ducado de Varsovia, e Gdańsk foi declarada cidade libre.