Timanfaya, Parque Nacional de

Timanfaya, Parque Nacional de

Zona volcánica da illa de Lanzarote, situada na provincia de Las Palmas, Canarias. Constituída por 5.107 ha, foi declarada Parque Nacional en 1974. Comprende os termos municipais de Yaiza e Tinajo, en lugares onde foron habituais as erupcións volcánicas durante os ss XVII e XVIII. A zona inferior do parque, formada por lava solidificada, presenta unha superficie maioritariamente plana. O parque está atravesado pola Ruta de los Volcanes, camiño de 14 km que se inicia no denominado Islote de Hilario e que culmina nunha zona de cráteres. A vexetación pouco abundante está constituída fundamentalmente por toxos. A fauna tamén é escasa, con dominio dos réptiles, sobre todo o lagarto.

Palabras veciñas

Tilos, os | tilose | Tilsit, Tratado de | Timanfaya, Parque Nacional de | Timantes | Timan’, montes de | timbal