Times, The

Times, The

Diario británico fundado en Londres en 1785 polo impresor John Walter co nome de Daily Universal Register e que tres anos máis tarde adoptou o nome actual. Prosperou baixo a dirección de John Walter, fillo do fundador, e chegou ao máximo desenvolvemento baixo a direccción do xornalista John Delane, na segunda metade do s XIX. Diario independente, de tendencia conservadora, foi un dos máis influentes en Gran Bretaña, precursor na introdución de avances tecnolóxicos e de novas técnicas xornalísticas. En 1981 foi adquirido pola empresa australiana News Ltd, controlada por R. Murdoch.