Timişoara
Timişoara
Capital do judeţ de Timiş, Romanía (329.111 h [estim 1999]). As principais actividades económicas son a industria mecánica, a química, a téxtil, a alimentaria e a do tabaco. Sometida aos turcos entre 1552 e 1716, en 1920 pasou da coroa húngara a Romanía. Conserva o castelo real dos Hunyadi.