Tinbergen, Nikolaas
Tinbergen, Nikolaas
Etólogo. Investigou a psicoloxía animal e estableceu o valor do estímulo como signo, no sentido de que os sinais transmitidos polos animais inclúen secuencias de conduta, que denominou mecanismo innato de liberación, relacionado coa existencia dunha unidade coordinadora no sistema nervioso. Destacan The Study of Instinct (1954) e The Animal in Its World. Field Studies (1932-1972). En 1973 recibiu, xunto con Konrad Lorenz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Haia -
Deceso
Lugar : Oxford