tineido -da
tineido -da
(< lat científico Tinea,xénero de insectos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tineidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos tineidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, de dimensións moi pequenas, nocturnos, e a miúdo cun brillo dourado ou abrancazado. As eirugas comen fungos, madeira e sementes, pero tamén materiais de orixe animal. Algúns son comensais de formigueiros, de niños de paxaros e de mamíferos. Hai especies domésticas, das que destacan Tineola bisseliella, Tinea pellionella e Trichophaga tapetzella. Algunhas especies, como Nemapogon granella, poden ser praga agrícola.