tineido -da

tineido -da

(< lat científico Tinea,xénero de insectos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tineidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos tineidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, de dimensións moi pequenas, nocturnos, e a miúdo cun brillo dourado ou abrancazado. As eirugas comen fungos, madeira e sementes, pero tamén materiais de orixe animal. Algúns son comensais de formigueiros, de niños de paxaros e de mamíferos. Hai especies domésticas, das que destacan Tineola bisseliella, Tinea pellionella e Trichophaga tapetzella. Algunhas especies, como Nemapogon granella, poden ser praga agrícola.

Palabras veciñas

tindalización | Tíndaro | Tindemans, Leo | tineido -da | Tineo | tinerfeño -ña | Tines