Tino di Camaino

Tino di Camaino

Escultor. Formado con G. Pisano, traballou en Pisa (Sepulcro de Arrigo VII, 1315, Duomo e Camposanto), Siena (Sepulcro do cardeal R. Petroni, 1317-1318, Duomo) e Florencia (Tumba do bispo de Orso, 1321, Duomo), momento en que o seu estilo se achegou máis ao gótico clasicista de N. Pisano (Nai de Deus co Neno). Cara a 1325 foi a Nápoles, onde realizou diversas obras xa plenamente góticas, como a Tumba de María de Hungría (1325?, na igrexa de Santa María Donna Regina).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Siena

  • Deceso

    Lugar : Nápoles