Tiobre, Nosa Señora dos Remedios de
Tiobre, Nosa Señora dos Remedios de
Igrexa situada en Tiobre (Betanzos). Construída en estilo renacentista (1568-1601), ten unha soa nave con cruceiro e ábsida. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de terceletes. No cruceiro están as capelas de San Caetano e Santo Antón, cubertas cunha bóveda de cruzaría.