tiocarboxílico, ácido

tiocarboxílico, ácido
[QUÍM]

Ácido carboxílico en que un átomo de osíxeno ou ambos os dous foron substituídos por átomos de xofre. Segundo o número de átomos presentes na molécula, denomínanse ácidos monotiocarboxílicos, que presentan tautomería, e existen as dúas formas posibles no que respecta ao enlace carbono-xofre, e ácidos ditiocarboxílicos, dos que destaca o ácido ditiocarbónico.