tioéter

tioéter

(

s m [QUÍM]

Conxunto dos compostos orgánicos de fórmula xeral R1-S-R2. Noméanse antepoñendo a palabra sulfuro- aos nomes dos radicais R1 e R2. Desde un punto de vista químico, son relativamente inertes, pero oxídanse con facilidade e forman, en dúas etapas sucesivas, sulfóxidos e sulfonas. Os tiéteres poden establecer enlaces de covalencia aumentando o seu número de oxidación, tal como ocorre nas sales de sulfonio. Empréganse como disolventes e como intermedios en síntese orgánica.

Sinónimos