Tipaza

Tipaza

Capital da wilāya de Tipaza, Alxeria, situada á beira do mar, a 65 km ao O de Alxer (15.756 h [1987]). Fundada polos fenicios como centro comercial, foi colonia romana (s I). Convertida ao cristianismo no s III, a poboación sufriu unha forte persecución no s V por parte dos arianos. A cidade foi destruída e abandonada coa invasión árabe. Do seu patrimonio cultural destacan o foro e os vestixios das murallas romanas e os restos dunha gran basílica cristiá, con nove naves con columnas e pilastras.