tipo -pa
(< lat typu ‘figura’ < grτύπος)
-
-
s
m
Plano de estrutura ou conxunto de propiedades principais, comúns a un certo número de individuos ou de obxectos.
-
s
m
Cada un dos grupos que teñen, nunha clasificación, un mesmo tipo de estrutura.
-
s
m
[BIOL]
Cada un dos grupos en que se divide o reino animal e vexetal.
-
s
m
[FILOS]
Cada un dos modelos xenéricos a partir dos que se agrupan os individuos ou as correntes de pensamento en relación á súa maneira de pensar e comportarse ou coa súa concepción filosófica, respectivamente, segundo determinados trazos específicos comúns.
-
s
m
Individuo ou grupo que é a exemplificación máis perfecta dunha especie ou dun xénero.
-
s
m
Figura dunha persoa, especialmente respecto ás proporcións, esvelteza ou elegancia do seu corpo.
-
tipo espectral
[ASTRON]
Cada unha das clases en que se pode dividir o conxunto de estrelas, de acordo coas súas temperaturas. Existen oito tipos distintos, designados polas letras maiúsculas O, B, A, F, G, K, M e C. As estrelas de tipo O son as máis quentes e as máis azuis, mentres que as do tipo C son as máis frías e as máis vermellas. Dentro de cada tipo hai unha subdivisión en cinco subclases, que se designa coas cinco primeiras cifras romanas: a clase I corresponde ás estrelas superxigantes e a clase V ás estrelas da secuencia principal, como o Sol.
-
s
m
-
s
m
-
[GRÁF]
Cada unha das pezas, xeralmente de metal de imprenta, fundidas en forma de paralelepípedo de base rectangular, que levan en relevo, nunha das súas bases, unha letra ou un signo e que, postas unhas ao carón das outras adecuadamente ordenadas, forman o molde ou a forma daquilo que se quere imprimir. A forma paralelepipédica do tipo está rota por diversos resaltes e fendas, como o relevo da letra ou do signo (denominado ollo), a altura que sobresae e as entalladuras, algunhas das que, permiten a rápida identificación da familia á que corresponde a letra do tipo e a súa orientación na composición, mentres que outras facilitan a colocación do tipo no compoñedor.
-
[NUMIS]
Figura ou escena que decora unha medalla ou moeda.
-
[GRÁF]
-
s
m
-
Símbolo ou representación de algo, especialmente que aínda está por acontecer.
-
[RELIX]
Acontecemento, institución ou personaxe do Antigo Testamento que anuncia outro do Novo Testamento, que é o antitipo. Así, Adán é o tipo de Cristo.
-
-
s
Persoa ou individuo. OBS: Ás veces emprégase con valor despectivo.
-
teoría dos tipos
[FILOS]
Conxunto de doutrinas da lóxica de clases, elaboradas para resolver o problema dos denominados paradoxos lóxicos. Destacan as de B. Russell (1908), L. Chwistek (1921) e F.P. Ramsey (1926).
-
tipo impositivo
[ECON]
Tanto por cento que se aplica á base impoñible para determinar o importe dun determinado tributo.
-
tipo nomenclatural
[BOT]
Exemplar ou elemento constitutivo dun taxon que está permanentemente asociado ao nome deste.