Tippū Sā.h.ib
Tippū Sā.h.ib
Sultán de Mysore (1783). Coñecido como Bhadur (‘o valente’), enviou unha embaixada a París, expulsou os británicos dos seus estados e, en 1789, atacou o raxá de Travancore, amigo dos británicos. Foi vencido en 1792 por unha coalición de británicos e marathas e refuxiouse en Seringapatam. Recibiu axuda francesa e volveu á loita, pero a derrota de Abulir en 1798 impediu a chegada de novos reforzos franceses. Morreu defendendo Seringapatam.
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Seringapatam