Tirán, San Xoán de
Tirán, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Moaña. Construída en estilo románico no s XIII, ten unha soa nave e ábsida de planta rectangular, que é do s XVIII. O arco triunfal é de directriz apuntada e con aresta viva. A portada principal está formada por tres arquivoltas de sección cuadrangular que se apoian en columnas acobadeladas con capiteis vexetais.