Tirol
Tirol
Land de Austria, situado entre Alemaña ao N, Vorarlberg ao O, o estado italiano ao S e Salzburgo ao L (12.647 km2; 675.063 h [2001]). A súa capital é Innsbruck. Comprende a alta conca do Inn e o Tirol Oriental, que corresponde ao distrito de Lienz. A poboación vive dunha escasa agricultura e da explotación forestal e gandeira. A abundancia de enerxía hidroeléctrica e unha tradición artesanal, xunto coa explotación de xacementos de sal, magnesita e cobre, orixinaron unha industria diversificada.