Tirol do Sur
ertente meridional da rexión fisiográfica de Tirol que corresponde á provincia italiana de Bozen. Identifícase coa alta conca do río Adige (Etsch) e comprende tamén unha pequena parte de Pustertal. A explotación dos bosques e a gandaría son, xunto co turismo, os recursos económicos principais. A capital é Bozen, e outros centros importantes son Merano e Bressanone. Corresponde historicamente ao territorio do principado eclesiástico medieval de Brixen, disputado constantemente por Tirol e por Venecia. Despois da Primeria Guerra Mundial, en 1919 foi integrado na provincia italiana da Venecia Tridentina. Os conflitos da poboación, maioritariamente de fala xermánica, co centralismo italiano, non se fixeron agardar. O nacemento do Südtiroler Volkparteir en 1945 e os compromisos tomados con Austria en 1946 levaron ao estatuto de autonomía da rexión Trentino-Alto Adige en 1948. En 1970 S. Magnano, xefe do partido surtirolés, obtivo novas concesións en canto ao uso da lingua.