tisanóptero -ra
tisanóptero -ra
-
adx
Relativo ou pertencente aos tisanópteros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos tisanópteros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Orde de insectos pterigotos hemimetábolos de pequenas dimensións co corpo alongado, o protórax groso e catro ás membranosas, longas e estreitas. Son frecuentes as ás reducidas e as especies ápteras. Son insectos terrestres, cosmopolitas, sobre todo fitófagos, algúns depredadores, que habitan entre a vexetación viva ou morta.