tisanuro -ra
tisanuro -ra
(< grθυσάνουρος)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tisanuros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos tisanuros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Orde de insectos apterigotos, de pequena ou mediana dimensión, co corpo fusiforme e de cor escura, ás veces con reflexos metálicos que se producen nas escamas. Teñen antenas longas con múltiples artellos, ollos compostos, aparato bucal mastigador e 11 segmentos abdominais. Viven en ambientes moi diversos: húmidos, secos, escuros, claros, baixo pedras, en formigueiros ou entre a roupa. A orde comprende especies cosmopolitas, omnívoras e tamén fitófagas.