Tisserant, Eugène

Tisserant, Eugène

Eclesiástico e orientalista francés. Sacerdote (1907), ensinou linguas orientais no Apollinare de Roma (1908-1913) e foi conservador da Biblioteca Vaticana (1908), da que foi prefecto (1930). Cardeal (1936) e bispo de Ostia (1937), foi secretario da Congregazione per le Chiese Orientali (1936-1959) e desde 1951 decano do Collegio Cardinalizio. Das súas publicacións destaca a colección Specimina codicum orientalium (1914).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nancy

  • Deceso

    Lugar : Albano, Lacio