Tisza
Tisza
Río de Europa Central, un dos principais afluentes do Danubio (976 km). Nace nos Cárpatos setentrionais, en Ucraína, e discorre en dirección O; entra en Hungría e despois flúe en dirección N ata as fronteiras de Ucraína, Eslovaquia e Hungría. Atravesa Hungría de N a S e rega a gran chaira agrícola de Alföld; despois de pasar por Szeged, entra en Serbia e Montenegro, onde rega a Vojvodina, e desemboca no Danubio pola esquerda, uns 45 km ao N de Belgrado. É un río de chaira, con grandes cheas na primavera polo desxeo.