titor -ra
titor -ra
(< lat tutōre)
-
s
[DER]
Persoa a quen se encomendou a tutela doutra persoa ou dos bens que lle corresponden, por ser esta menor de idade ou declarada legalmente incapacitada para administrarse por si mesma. O cargo outórgase por testamento ou por decisión xudicial.
-
s
Protector ou defensor de alguén.
-
s
[EDUC]
Profesor encargado de orientar e axudar a un alumno ou grupo de alumnos nalgunha materia do curso, na súa educación ou durante un proxecto de investigación.