titor -ra

titor -ra

(< lat tutōre)

  1. s [DER]

    Persoa a quen se encomendou a tutela doutra persoa ou dos bens que lle corresponden, por ser esta menor de idade ou declarada legalmente incapacitada para administrarse por si mesma. O cargo outórgase por testamento ou por decisión xudicial.

  2. s

    Protector ou defensor de alguén.

  3. s [EDUC]

    Profesor encargado de orientar e axudar a un alumno ou grupo de alumnos nalgunha materia do curso, na súa educación ou durante un proxecto de investigación.

Palabras veciñas

Titograd | Titoniano | titónido -da | titor -ra | titoría | titubear | titubeo