titónido -da

titónido -da

(< lat científico Tyto)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos titónidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos titónidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves, da orde dos estrixiformes, duns 45 cm. Presentan discos faciais moi marcados, arredondados na parte superior, e unidos un ao outro formando un só disco, codiforme. Habitan arredor do mundo, excepto en zonas polares, Escandinavia, o centro e o N de Asia e Nova Zelanda.

Palabras veciñas

Tito, san | Titograd | Titoniano | titónido -da | titor -ra | titoría | titubear