Tivoli
Tivoli
Cidade da provincia de Roma, Lacio, Italia (46.364 h [2001]), situada na ribeira esquerda do Aniene. De orixe sabina, estivo sometida a Roma (358 a C), coa que se comunicaba pola Via Tiburtina. Sé episcopal (s IV), foi ducado bizantino, e despois dun período de independencia (ss IX-XV) converteuse en cidade pontificia. Do seu patrimonio cultural destaca a Villa d’Este, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2001).