Tobago

Tobago

Illa do Océano Atlántico, situada nas Pequenas Antillas, 32 km ao NL de Trinidad, coa que forma o estado de Trinidad e Tobago (300 km2; 44.190 h [2000]). A súa capital é Scarborough (4.000 h [1990]). O clima é ecuatorial, con invernos sometidos á ameaza dos ciclóns. Destaca a produción de cacao, café, cana de azucre e tabaco.