Togliatti, Palmiro

Togliatti, Palmiro

Político italiano. Foi un dos fundadores do Partito Comunista Italiano no congreso de Liorna (1912). Perseguido polo fascismo, refuxiouse en Francia e tomou a dirección do partido, do que foi secretario xeral (1927). No sétimo congreso da Terceira Internacional (1935), puxo, con G. Dimitrov, as bases da política de unidade antifascista que tiña que concentrarse nas frontes populares. En abril de 1944 volveu a Italia, onde foi posible a formación do primeiro goberno democrático, presidido por Badoglio, no que foi ministro sen carteira e participou tamén nos sucesivos gobernos provisionais, ata que os comunistas foron eliminados do poder (maio de 1947).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Xénova

  • Deceso

    Lugar : Yalta